Soar xardín das burgas

A Xunta de Goberno Local acordou, na súa xuntanza deste xoves, continuar co expediente de disciplina urbanística contra Xardín das Burgas polo mal estado da parcela. O acordo inclúe unha sanción de 300 euros.

 

A Xunta de Goberno Local acordou requerir novamente a Xardín das Burgas SA, para que no prazo de 10 días, se realicen os traballos de limpeza precisos para deixar o solar nas debidas condicións de ornato, salubridade e seguridade.

Con data 16 de outubro de 2014 remitiuse dende a Concellería de Urbanismo á Consellería de Cultura e á Consellería de Industria denuncia por parte do Concello do mal estado de ámbito da parcela propiedade de Xardín das Burgas S.A. situada na AI 10 do Plan Especial do Ben de Interese Cultural das Burgas e a gravidade do deterioro desta parcela, que podería afectar aos mananciais e acuíferos próximos.

Así recibiuse resposta da Xefatura Territorial de Patrimonio e Industria na que se indicaba que fora o Concello de Ourense o que exercera as accións pertinentes para instar á propiedade á limpeza do solar, polo que estas mesmas actuacións foron postas en marcha, iniciándose un expediente de disciplina urbanística de cara a requerir aos responsables da parcela que se procedera a efectuar todas as actuacións necesarias para preservar o correcto estado da zona e non afectar á zona de Interese Cultural que integran as fontes termais a carón das Burgas e o río.

Así mesmo o SEPRONA puxo en coñecemento do Concello o deterioro e a gravidade da situación da parcela dado o “perigo de contaminación que poderían sofrir os acuíferos” .

Así se lle traslada á propiedade, que cumprido o prazo de alegacións e o estipulado para a realización das tarefas necesarias de limpeza e mantemento, sen que se teña realizado intervención ou correción por parte da mesma no solar.

Así, a Xunta de Goberno Local, acordou continuar co expediente de disciplina impoñendo unha sanción coercitiva de 300 euros e requerirlle novamente para que no prazo de 10 días, realicen os traballos de limpeza precisos para deixar o solar nas debidas condicións de ornato, salubridade e seguridade de conformidade co artigo 9 e 199 da Lei ley 9/2002, de 30 de decembro de ordenación urbanísticas e protección do medio rural de Galicia e cos artigos 1 e 2 da ordenanza municipal de limpeza de terreos e solares e de protección contra incendios forestais.