O obxectivo do mesmo é concienciar aos ourensáns sobre os beneficios dunha dieta equilibrada.

 

Dentro do programa de prevención activa para sensibilizar sobre os beneficios da dieta equilibrada na nosa saúde, así como a importancia do mantemento dun peso axeitado a través da corrección de erros na alimentación diaria, a Concellería de Saúde convoca un curso de manipulación de alimentos, dirixido a toda a cidadanía.

O curso desenvolverase o próximo 16 de abril no Centro de Promoción da Saúde (nas Lagoas) , de 9:30 a 13:30 horas. A inscrición xa está aberta para todas as persoas interesadas, que poden formalizala na Concellería de Saúde ou no 988510622.

As persoas que asistan -ata un límite de 35 prazas-, recibirán un certificado acreditativo da formación, expedido polo Concello de Ourense.

Unha das maiores ameazas para a nosa saúde
Nos últimos tempos, a obesidade se está a converter nunha das maiores ameazas para a nosa saúde. Trátase dunha pandemia caracterizada polo exceso do peso corporal da que non escapa a nosa comunidade, cunha das taxas máis altas de persoas con obesidade (un 23%) e sobrepeso (42%). A prevención da obesidade debe ser, así logo, unha prioridade.