Este colectivo demanda que a residencia carballinesa estea dotada de persoal público e aberta ao 100% da súa capacidade.

 O vindeiro luns 23 de marzo, ás 9:45 horas, a Plataforma pola xestión pública da residencia do maior do Carballiño terá unha xuntanza co delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, dentro da campaña que a plataforma leva a cabo para reivindicar unha residencia pública para O Carballiño, dotada de persoal público e aberta ao 100% da súa capacidade.

Unha das reivindicacións deste colectuvi era o manter unha reunión con Rogelio Martínez, así como coa Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para expresarlles de primeira man as súas reivindicacións e a necesidade de que a residencia sexa pública.

Tras a xuntanza do próximo luns será convocada unha xuntanza dentro da plataforma para analizar o tratado co delegado Territorial da Xunta e, de ser necesario, continuar coas mobilizacións.