Os deseños deberán reflectir o espírito de Montealegre, facendo referencia ao carácter integrador do recinto como lugar de goce, divulgación e investigación da natureza. O premio está valorado en 1.500 euros.

 

A Concellería de Medio Ambiente vén de convocar un concurso para o deseño da imaxe do Parque Botánico de Montealegre, ao que pode concorrer toda persoa física ou xurídica con traballos de técnica libre para a súa valoración.

Os deseños deberán reflectir o espíritu do Xardín Botánico de Montealegre, facendo especial referencia ao carácter integrador do recinto como lugar de goce, divulgación e investigación da natureza. O deseño gañador será empregado como imaxe, e recibirá un premio de 1.500 euros.

 

Entrega no Rexistro Xeral, nun prazo de 30 días naturais

As persoas interesadas en participar terán un prazo de entrega de orixinais de 30 días naturais desde a publicación da convocatoria no BOP (25 de marzo). Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre sen ningún tipo de identificación ou referencia, máis que un pseudónimo ou lema que conteña o traballo co que se compite. Dentro doutro sobre achegaranse os datos de identidade e o contacto destes. Deberán ir dirixidos á Concellería de Medio Ambiente, pondo como referencia “Concurso deseño imaxe Botánico de Ourense-Montealegre”.