Baixo o título “Loitas ambientais, alternativas rurais” a asociación ecoloxista propón este sábado unha xornada de conferencias no centro de educación ambiental das Corcerizas.

Nelas analizarán a realidade do que está a acontecer nas nosas aldeas, nas nosas eiras e aos nosos labregos. A xornada e o xantar serán de balde para os asistentes inscritos.

Diversos expertos contarán a súa experiencia na posta en marcha de alternativas de recuperación e revalorización do medio rural. Falarán das dificultades e das fortalezas dos seus proxectos, intercambiaremos opinións e crearemos debates nos que resolver dúbidas en inquedanzas neste eido.

Estarán presentes representantes da universidade, do mundo sindical e de diferentes movementos sociais, labregos e cidadás.

«Nun momento no que a volta ao rural está en boga, reflexionaremos sobre as eivas e as vantaxes, as oportunidades e, tamén, os retos aos que deberemos facer fronte nos próximos anos para garantir un rural vivo, xusto e ecolóxico», indican desde a asocaición ecoloxista.