A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, concretou que a Xunta mobilizará un investimento total de 19 millóns de euros para esta actuación.

 

Vázquez avanzou este luns que o Goberno galego disporá dunha partida de 15 millóns de euros dos Fondos Feder que garante a conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía das Rías Baixas (A-52). Durante o acto de presentación, a conselleira concretou que a Xunta realizará unha mobilización total de 19 millóns de euros para esta actuación.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, indicou que a conexión do polígono empresarial de San Cibrao das Viñas con Autovía das Rías Baixas (A-52) está enmarcada na liña de acción do Goberno galego para mellorar a competitividade das PEMES. Neste obxectivo temático, a Consellería de Medio Ambiente coordina a liña de acción destinada ao desenvolvemento dos accesos ás plataformas loxísticas.

Na contorna empresarial de San Cibrao das Viñas desenvólvese un dos principais polos de actividade industrial do conxunto provincial e rexional, polo que esta conexión coa rede viaria de alta capacidade mellorará a eficacia na distribución de materias e mercadorías.