O sindicato Comisiones Obreras espera recoller, canto antes, as 500.000 sinaturas necesarias para que a proposición de lei da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) chegue ao debate no Congreso dos Diputados.

Os delegados do sindicato recollerán, en Ourense, as sinaturas nos distintos centros de traballo e entre a cidadanía. Para elo, haberá dous puntos permanentes de recollida de sinaturas, o Rexistro Civil e a sede de CCOO no Parque de San Lázaro, nº12 – 3º.

A iniciativa xa está en marcha e continuará até que se alcancen o medio millón de firmas a nivel estatal. A ILP presentouna Comisiones Obreras o pasado 16 de decembro contra a privatización do Rexistro Civil e a entrega da xestión aos rexistradores mercantís. Esta iniciativa elaborada por CCOO nace para tentar deter a privatización imposta polo Goberno, dun servizo que é público dende 1871.

Desde o sindicato queren advertir que coa privatización poderían pechar multiples oficinas dun servizo que, segundo o sindicato, é dos mellores valorados. A dixitalización do rexistro civil supuxo para as arcas do Estado un montante de 130 millóns de euros. O Rexistro Civil utilízano máis dun millón de persoas ao ano, tan só en trámites obrigatorios como nacementos, defuncións e matrimonios. Todos estes trámites (agora de balde) pasarán a ser de pago. Ourense realizou mais de 17.000 inscripcións e certificacións no último ano. CCOO avisa que os datos de todos serán manexados por persoal privado, coa perda da garantía de confidencialidade dos datos, á que están obrigados por lei as funcionarias e funcionarios públicos.

Finalmente, esta asociación insiste en que o Goberno pretende o enriquecemento dun colectivo minoritario e privilexiado como son os rexistradores, que, só polos 150.000 expedientes de nacionalidade e 105.000 de matrimonio anuais, e cun arancel de 100 euros, embolsaríanse 25 millóns de euros ao ano (en Ourense, cos números do ano pasado, o volumen de negocio acadaría 1 millón 700 mil euros).