Vázquez Barquero e Pilar Cancela

Para o candidato José Ángel Vázquez Barquero o programa “respalda e avala” as políticas desenvolvidas polo PSOE na cidade nos últimos oito anos.

 

O candidato socialista á alcaldía de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, acompañado da secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, e de boa parte da candidatura, presentou este martes o programa marco para as municipais aprobado a fin de semana pasada no Comité Federal do PSOE. Un plan que ten catro eixos fundamentais: democracia e bo goberno, cidades habitables e sustentables, políticas integrais de benestar e aposta polo mundo rural.

Para o candidato, trátase dun programa marco que “respalda e avala” as políticas desenvolvidas polo Partido socialista no Concello de Ourense nas últimas dúas lexislaturas,” que priorizaron as persoas por riba da visión economicista” e defenderon “un modelo urbanístico alonxado da especulación urbanística”.

Aínda que recoñeceu que os últimos catro anos foron “movidos”, Vázquez Barquero defende que “hay muchos ciudadanos que respaldan la acción de gobierno, es lo que nos trasmiten todos los días en la calle y muchos nos animan a continuar”. En particular, o candidato considera que houbo “una muy buena gestión sobre todo en urbanismo y en políticas de bienestar social”.

A estas ideas do programa marco sumaranse “outras catro ou cinco propostas prioritarias no ámbito de Galicia”, apuntou Cancela, así como as propostas máis pegadas á cidade.

Entre elas, Barquero propón a “remunicipalización” dalgúns servizos públicos básicos aínda que non concretou cales. “Analizaremos e veremos en cales se pode plantexar unha remunicipalización, algúns están suxeitos a contrato”, dixo.