Son de promoción interna mediante concurso oposición, o que permitirá aos empregados municipais unha oportunidade «sen precedentes nesta administración» para avanzar na súa carreira.

A concelleira de Recursos Humanos, Marga Martín, aprobou a convocatoria da Oferta Pública de Emprego do Concello de Ourense correspondente ao ano 2014, que inclúe tanto prazas de administración xeral como especial. Trátase da convocatoria de 8 procesos de promoción interna mediante concurso oposición, para a cobertura de 25 prazas de diferente natureza, á que hai que engadir unha praza máis de mobilidade.

A oferta permitirá aos persoal do Concello de Ourense unha oportunidade «sen precedentes» para avanzar na súa carreira administrativa, ao tempo que se atenden diferentes necesidades organizativas. Deste xeito, o Concello aproveita ao máximo as posibilidades permitidas pola Lei de orzamentos xerais do Estado.

As prazas ofertadas inclúen as correspondentes ao corpo da policía local (6), servizo de extinción de incendios (9) e outros servizos que nos últimos tempos se viron prexudicados pola reducción de persoal, como dous técnicos en xestión, catro administrativos, dous delineantes e tres oficias de cemiterios.