Estarán a disposición dos ourensáns do 6 ao 13 de abril.

 

Con motivo das eleccións municipais do vindeiro día 24 de maio, as Listas do Censo Electoral estarán expostas ao público dende o 6 ata o 13 de abril, nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello de Ourense, na Casa do Concello e na Oficina Municipal da A Ponte (avenida de Santiago, 7).

As consultas na Casa do Concello pódense realizar os días laborables de 9 a 14 e de 17 a 19.30 horas, e o sábado de 9 a 13 horas.

As consultas na Oficina Municipal da Ponte poderanse realizar de 9 a 14 horas (agás sábado e domingo).

Tódolas persoas interesadas deberán presentar o documento de identidade para poder comprobar os seus datos persoais e, en caso de ser preciso, realizar as reclamacións que estimen oportunas.