A UD sufre a primeira derrota da súa historia pero non lle impide á semifinal da Copa Deputación B.

A Unión Deportiva Ourense xa fixera os deberes no partido de ida no Marco cando venceu por cero goles a catro ao Peroxa. Con este resultado o partido de volta era un mero trámite.
Os homes de Antonio Dacosta defenderon a renda para non pasar apuros ante un Peroxa que quería buscar unha vitoria que borrara, un pouco, a desilusión de quedar sen posibilidades de gañar a eliminatoria no partido de ida.
Os unionistas apenas pasaron apuros, a pesar do gol visitante na primeira metade. Na segunda, as ocasións foron maiores, pero o marcador xa non se movería.
Esta é a primeira derrota que sufre a UD Ourense desde que comezou a súa andadura fai sete meses. Unha derrota intrascendente que non impide aos de Antonio Dacosta continuar no campionato copeiro.

A bancada
Se xa no primeiro partido as bancadas do Marco estaban cheas de espectadores, no partido do Couto non se quedaría atrás. Afeccionados de ambos equipos acudiron en masa para presenciar o segundo partido, a pesar de que a eliminatoria estaba lista para sentenza.

Arnoia
Á UD agárdalle na final da zona do Ribeiro o Atlético Arnoia quen foi que de superar ao Maside. No partido de ida o 2-2 foi o resultado na Queixeira; na volta sorprendeu 2-3 o Arnoia en Outeiro Grande.

Zona da Limia
Na final da zona da Limia disputarán a eliminatoria por un pase á final da Copa Deputación o Cartelle fronte o Xunqueira de Ambia. O Cartelle eliminou ao Allariz B mentres que o Xunqueira fixo o propio co Viana.