Corresponderanlle ao Concello de Ribadavia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación deste treito, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou este 7 de abril o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada OU-504, Ribadavia-Cea que vai desde o PK 0+000 ao 1+460, a prol do Concello de Ribadavia.

A entrega deste treito de estrada deberá formalizarase no prazo dos dous meses dende o día da publicación deste decreto no DOG, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello de Ribadavia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

Un millón de euros en melloras
Cómpre lembrar que o Goberno galego destinou nos últimos anos máis dun millón de euros para mellorar a vía, da que hoxe se autoriza a súa transferencia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou en 2010 a mellora do abastecemento, saneamento e beirarrúas na OU-504, nas rúas de Ribeiro e Carballiño, que implicou un investimento de 1,06 millóns de euros.

A segunda das actuacións, cun importe de 140.000 euros e rematada en abril do pasado ano, foi a mellora da estrada OU-504, dende o punto quilométrico 0+000 ao 0+750. As obras consistiron na rehabilitación do firme existente, mediante o fresadura e a renovación total da capa de rodadura e tamén se reforzaron as canalizacións soterradas.