Premiará cun total de 11.000 euros para participación e gañadores.

 

A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, vén de presentar as bases do Concurso de Maios e Coplas 2015. Esta festividade, declarada como Festa de Interese Turístico, se desenvolverá na Alameda do Concello durante o domingo 3 de maio.

No concurso poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas dentro das modalidades de Maios e Coplas. No ámbito dos Maios haberá catro categorías: maio enxebre, artístico, creativo – se recupera esta figura – e maio infantil. Por outra banda, nas Coplas valorarase a retranca, a composición o ritmo e a linguaxe utilizada, penalizando o uso de textos de anos anteriores. En total serán 11.000 euros que se concederán en concepto de axudas pola participación e os premios aos gañadores.

O prazo para presentación de inscricións estará aberto ata o 30 de abril ás 14 horas na Concellería de Cultura (praza de San Martiño).

Carta animando á participación
Desde a concellería de Educación e Cultura, enviarase tamén unha carta animando aos colectivos e asociacións á participación na Festas dos Maios. En especial aos colexios, con dous aspectos novos nas bases deste ano que son o premio para coplas infantís e a incorporación novamente do maio creativo – recreación dos maios podendo incorporar outros elementos que non sexan de orixe vexetal -.