Permitiría acceder a axudas para financiar proxectos de rehabilitación, nun área formada por 2.000 vivendas.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza do 9 de abril solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración dunha nova Área de Rehabilitación Integral na cidade, que inclúa os barrios de Serra San Mamede – Cruceiro Quebrado – Inmaculada, de acordo co novo Plan Estatal de Vivenda, e á nova convocatoria realizada este ano pola Xunta de Galicia para estas áreas.

A declaración desta nova área de rehabilitación permitiría que propietarios de vivendas poidan acceder a axudas para financiar actuacións de rehabilitacións de edificios e vivendas, e ao propio Concello para acometer proxectos de urbanización ou reurbanización para a posta en valor da zona, seguindo a liña de actuación que se segue na actualidade nas outras 3 áreas de rehabilitación integral xa declaradas no Concello de Ourense: Casco Vello, Seixalbo e Polvorín – Camelias – A Carballeira

O espazo incluído nesta área de rehabilitación ten unha superficie aproximada dunhas 24,88 hectáreas e unhas 2.002 vivendas.