Compromiso por Barbadás será o nome de candidatura impulsada por un grupo de veciños do concello que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais.

Unha iniciativa veciñal que surxe no Concello de Barbadás presentará candidatura para os comicios do mes de maio baixo a denominación de “Compromiso por Barbadás”. A presentación oficial da lista será o vindeiro domingo 19 de abril ás 12 horas, no local social de San Lourenzo de Piñor.

A agrupación surxe polas graves deficiencias no goberno da vila e que obrigan aos veciños a tomar parte na cita electoral co obxectivo claro de exercer un control efectivo e directo sobre a institución gobernada polo PP.