Os alcades das tres comarcas estarán convidados e pediráselles que apoien unha moción na que se inste ao Goberno Central a modificar o decreto que centraliza os rexistros civís nos mercantís.

A Coordenadora de Plataformas en Defensa dos Partidos Xudiciais Comarcais, conxuntamente coa Plataforma en defensa do Carácter Público do Rexistro Civil, veñen de facer públicas as datas das vindeiras asambleas cidadás que se celebrarán en Xinzo, Verín e O Barco de Valdeorras en defensa dos rexistros civís.

A primeira delas terá lugar na Casa da Cultura da capital da Limia, o 15 de abril ás 20 horas. Ao día seguinte, terá lugar unha asamblea en Verín, tamén ás 20 horas na Casa Sindical. Por último, a de Valdeorras celebrarase o 23 de abril, ás 20 horas no salón de reunións do novo Concello. Nos tres casos están convidados a asistir os alcaldes de cada comarca, e pediráselles que asistan a aprobación dunha moción nos plenos dos seus concellos instando ao Goberno central a modificar o decreto que centraliza os rexistros civís nos recistros mercantís.

En breve, tamén farán públicas as datas das asambleas que terán lugar en Celanova, Ribadavia e Carballiño.