Dous momentos da agresión a Jácome

A concelleira de Cultura, Ana Garrido, e o presidente da Banda Municipal, Francisco Javier Gómez Prieto, confirmaron que o presunto agresor non é integrante nin está vencellado á Banda Municipal de Música.

 O voceiro de Democracia Ourensana presentou denuncia na comisaría pola agresión sufrida na mañá deste venres ás portas do Concello. Segundo el mesmo relata, contra as 12:30 horas e na propia praza Maior, «un hombre de aproximadamente 30 años, y ante varios testigos» agrediuno, propinándolle «un fortísimo puñetazo en la zona lateral de la cabeza, y aplastándole al mismo tiempo un huevo que llevaba en la mano, e insultándolo». Acto seguido o agresor deuse a fuga e Jácome saiu tras el, relata nun comunicado, alcanzándoo na rúa de Dr. Fléming, trala Alameda. Detrás chegaron varias testemuñas e tras alertar á Polícía Local, o agresor foi detido por un suposto delito contra a autoridade.

Segundo indicou Jácome, o home indentificouse «como percusionista de la banda municipal (reserva que hace sustituciones ocasionales), si bien, otras fuentes del entorno musical dicen que es un músico de orquesta allegado a la banda municipal, pero que no toca con ellos». No tempo que estivo con el ata a chegada dos axentes, continúa o político de DO no seu comunicado, dirixiulle «solamente palabras de reproche por lo que DO pretendía con la Banda Municipal de Música». «Este empeño del agresor, que dijo que le había pegado por la moción de la banda, hace imposible creer que alguien sin intereses haga esto, con lo cual, si no es un miembro de la banda, podría ser un mercenario mandado por quien sí tiene intereses», apuntou o político, que definiu o seu agresor como «un simple cabeza de turco». Para ratificarse nesta idea, Jácome dixo que a chamada que o detido fixo desde a comisaría foi a un policía local de Celanova que é ademais «actual músico del instrumento de tuba en la banda municipal de Ourense, y peso pesado de ésta».

Con todo, tanto a concelleira de Cultura, Ana Garrido, como o presidente da Banda Municipal de Música, Francisco Javier Gómez Prieto, indicaron que o presunto agresor “nin forma parte da Banda Municipal de Ourense, nin ten vencellamento de ningún tipo coa mesma”, polo que desminten rotundamente esta afirmación.

Repulsa do alcalde

Desde o Concello, o alcalde, Agustín Fernández, remitiu un comunicado á prensa no que reitera, como xa mencionou na sesión plenaria, a súa «enérxica repulsa» contra calquera tipo de manifestación violenta, en calquer ámbito.

Nun comunicado, Gonzalo Pérez Jácome agradece ao pleno o seu apoio e a condena da agresión sufrida, así como a suspensión do pleno.

Nun primeiro momento, o concelleiro de Democracia Ourensana foi atendido no centro de saúde Novoa Santos polo médico e concelleiro popular Miguel Abad, quen lle facilitou un volante médico para ser explorado no hospital no oído dereito, que foi onde sufriu o impacto do golpe.