Asemade, a Xerencia de Xestión Integrada establece unha reordenación do cupo de enfermería en horario de tarde no Barco, atendendo a criterios asistenciais.

 

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras respostas ás informacións remitidas polo sindicato CIG-Saúde en referencia a unha suposta perda dun facultativo no centro de saúde do Barco e o traslado doutro facultativo do de San Xoán de Río.

Nesta semana estase a proceder en toda Galicia á toma de posesión das prazas procedentes do concurso de traslados en Atención Primaria, que tivo como finalidade facer efectivo o dereito á mobilidade do persoal estatutario fixo do persoal licenciado. No caso do Barco, estase a producir esta situación administrativa transitoria de cesamento e de posterior toma de posesión dunha praza de facultativo.

Polo iso, a Xerencia desexa deixar claro que “non se perde ningún facultativo no centro de saúde de O Barco, e xa se habilitaron as medidas necesarias para garantir nestes días a continuidade asistencial das necesidades da poboación co xeito de preservar o normal funcionamento do centro de saúde ata que se incorpore un novo facultativo que será efectiva a vindeira semana. Tamén é rotundamente falsa a afirmación da amortización da praza de médico do ambulatorio de San Xoán de Río”.

A cobertura asistencial do centro de saúde de O Barco na actualidade está composta por 13 facultativos (dez médicos de familia e tres pediatras) e 10 profesionais de enfermaría (oito para a poboación adulta e dous para enfermaría pediátrica) para un total de 15.194 tarxetas.

E insiste en que “non se suprime ningunha praza de enfermaría presupostada senón que trátase unicamente dunha reordenación das cargas de traballo entre as tres profesionais de enfermaría, que veñen desenvolvendo o seu traballo en horario da tarde, e sempre atendendo a criterios estritamente asistenciais e respostando aos estándares internacionais establecidos de ratios de pacientes por profesional e que neste caso suporán menos de 1.500 cartillas por cupo”, detallan