A súa mostra pode visitarse ata o 3 de maio.

“A memoria e o seu silencio” é o título da exposición que recolle o traballo de Rut Martínez e que está marcado por “unha obra que nos invita a somerxernos na nosa propia melancolía con sutileza e beleza artística”, explica a autora.

Son pezas, de moi reducidas dimensións e nos que esa beleza ten que estar condensada, reflectida ás veces nun pequeno detalle. Trátase dunha mostra da que se pode gozar no Centro Cultural “Marcos Valcárecel” ata o 3 de maio.

Dixo Auguste Rodin que “nada é tan fermoso como as ruínas dunha cousa bela”. E Rut Martínez López de Castro, artista de dilatada traxectoria a pesar da súa xuventude, vén referendar tal afirmación “cunha obra que nace, en parte, onde outras morren: nos últimos estertores de obxectos, paisaxes e contornos que xa non son o que algún día foron”.