Con inscrición gratuíta, serán os sábados ás 17:30 h para os adultos, e os domingos ás 11:30 h para menores, entre o 18 de abril e o mes de xullo.

A concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, e o coordinador das actividades, José Méndez, presentaron as actividades que acollerá o parque de Montealegre en próximas datas, dando continuidade ao programa de obradoiros xa en funcionamento nos últimos meses. Serán actividades gratuítas, destinadas tanto a nenos e nenas como a adultos, todas elas relacionadas coa natureza e os animais.

Xa esta fin de semana, o sábado terá lugar a partir das 17:30 h un obradoiro para adultos, que terá como finalidade descubrir as aves polos seus cantos. Posteriormente os obradoires centraranse en como distinguir as árbores, ou as estratexidas plantas.

O domingo a partir das 11:30 horas, nenos e nenas tamén aprenderán a coñecer as aves da súa cidade, coa actividade denominada “Paxaros de la”. En datas posteriores, haberá actividades infantís sobre hortas e exploración do parque.

Máis información e inscricións na Concellería de Medio Ambiente, no teléfono 988 388 135 ou na web www.botanicodemontealegre.com.

Máis de 2.000 visitantes á exposición de plantas carnívoras

Desde o 27 de marzo, Montealegre acolle unha exposición con 333 plantas de 29 especies e sete familias diferentes, de plantas carnívoras. Desde entón, segundo a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, foi visitada por 2.072 persoas. Estará a disposición de todos os interesados e todas as interesadas ata o próximo 3 de maio.