Semana Cultural A.VV. A Chavasqueira

Organiza unha Semana Cultural que acolle unha andaina, torneo de hoquei, conferencias e teatro, entre outras actividades.

A Asociación de Veciños A Chavasqueira conmemora nas vindeiras semanas o seu décimo aniversario, da man dunha Semana Cultural cargada de actividades.

O 21 de abril, ás 18 horas, terá lugar a conferencia “As virtudes mediciñais das augas do Tinteiro” e unha hora despois comezan as xornadas sobre comercio na cidade de Ourense.

O mércores 22, ás 19:30 horas, terá lugar o acto central de celebración do aniversario da asociación, con actuacións musicais, homenaxe aos socios e viño español.

O xoves 23 será o turno de dúas conferencias máis, unha sobre fibromialxia e fatiga crónica, e outra sobre o alzheimer, ás 18 e 19 horas, respectivamente.

O sábado 25 celebrarase o IX Día Termal da Chavasqueira, con andaina (ás 10 h), concerto da Banda de Música Municipal de Ourense (12:30 h), comida popular (14:30 h), baile (15:30 h), sorteo de agasallos (18:30 h) e coa actuación das cantareiras da Chavasqueira como peche (19 h).

Por último, o 9 de maio, organizan o IV Torneo de Hoquei A Chavasqueira, que dará comezo ás 9 da mañá no campo municipal de hoquei de Mariñamansa; e no que participarán equipos mixtos de todas as categorías, dende benxamíns a xuvenís.