“As mulleres desta cidade teñen dereito a saber quen quere arrebatarlles os seus dereitos e quen as defende”, demanda a edil nacionalista Ximena González.

Este martes 14 de abril presentábase no Congreso dos Deputados a toma de consideración da modificación da Lei do aborto, pera requerir que as mozas de 16 e 17 anos deban contar coa autorización dos pais para interromper o seu embarazo.

Con este motivo, o BNG-Asembleas Abertas realizou esa mesma mañá un acto simbólico fronte á oficina do candidato do PP á alcaldía de Ourense, Xesús Vázquez, para denunciar a política popular en relación cos dereitos das mulleres e para emprazar ao candidato a definir “se está coas mulleres e os seus dereitos ou está coa Igrexa” expresaba Ximena Gonzalez, concelleira do BNG, quen engadiu: “queremos que se pronuncie, as mulleres desta cidade teñen dereito a saber quen quere arrebatarlles os seus dereitos e quen as defende”.

Así mesmo leváronlle a Vázquez unha letra para a súa oficina electoral. “Traémoslle a letra D, de dereito das mulleres, a primeira que deberá colocar nas súas fiestras, a que deberíamos erguer hoxe todas ben alta mentres no congreso o PP porfía en quitarnos dereitos”, denunciaba a edil.

Nesta mesma xornada, os nacionalistas comezaron acción por toda España para “expresar o noso rexeitamento a que retiren os dereitos a mulleres de 16 e 17 anos, non imos abandonar as rúas ata que consigamos frear estos ataques” explicaba Ximena González.