Los Suaves, Rosendo, Siniestro Total e Burning non faltarán á cita, que se celebrará o 27 de xuño en Expourense.

 

A XX Edición do Festival Derramerock xa ten data, celebrarase o próximo 27 de xuño na explanada de Expourense. Baixo o lema “El fin de una época”, poderemos escoitar aos Suaves, medalla de ouro e sobre todo orgullo da cidade. Será o único concerto na cidade da xira “La música termina” e, polo tanto, unha das últimas oportunidades para gozar coa lexendaria banda.

Xunto a eles, estarán clásicos do rock estatal como Rosendo, Siniestro Total ou Burning, acompañados de bandas emerxentes locais coma Bergallazo e Contra as cordas. Este elenco compón un cartel de luxo para a semana das festas de Ourense, cubrindo un importante campo da programación cultural nesas datas.

Xa están á venda as primeiras 1.000 entradas, por un prezo de 25 euros.