Os populares acusan ao candidato socialista á alcaldía de atacar nunha rolda de prensa a Jesús Vázquez, que non forma parte da corporación municipal.

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense rexeita a utilización partidista do Salón de Plenos por parte dun membro do goberno municipal socialista.

“Tal e como vén sendo habitual durante todo o presente mandato municipal, a utilización partidista do Salón de Plenos continúa sendo unha constante, mezclando de xeito inadmisible o plano institucional co político, esta vez en plena precampaña electoral”, denuncian os populares.

“O candidato socialista aproveitouse dunha rolda de prensa de carácter institucional, convocada no Concello por parte do Goberno Municipal, para verter ataques políticos contra o candidato popular á alcaldía, que a día de hoxe non forma parte da corporación municipal”, explican.

Sen querer alimentar polémicas, o PP rexeita a utilización das institucións públicas como plataforma para lanzar ataques políticos.