A Asociación de Veciños da Chavasqueira e a Asociación Xuvenil Amencer organizan esta actividade co fin de recadar fondos para continuar cos Campamentos Urbanos que a asociación xuvenil pon en marcha cada verán en Ourense.

A Asociación de Veciños da Chavasqueira e a Asociación Xuvenil Amencer organizan unha andaina arredor do Miño o vindeiro sábado 25 de abril. A Andaina comezará ás 10 da mañá e saíra dende o campo da feira, percorrendo todo o paseo do Miño ao seu paso pola cidade de Ourense.

As inscricións están abertas ata media hora antes da saída e poden facerse na AVV da Chavasqueira coa posibilidade de facer unha aportación voluntaria e solidaria para os Campamentos Urbanos de Ourense ou na Asociación Xuvenil Amencer co pago dos 5 euros solidarios destinados a este mesmo fin. Tamén se pode inscribir un no teléfono 988 218123, no correo electrónico amencer@amencer.org ou na páxina web www.amencer.org.

Esta actividade pode ser ralizada por toda a familia. Os menores de 4 anos non pagan a cuota e ata 9 anos non poden participar solos. Ademais, os menores de idade deberán traer asinada a autorización familiar no mesmo momento de entregar a ficha de inscrición.

Dende as dúas entidades convidan a toda a cidadanía a participar desta actividade, que forma parte do Día Termal, organizado pola AVV Chavasqueira e que ten un fin solidario, que non é outro que seguir mantendo os Campamentos Urbanos da cidade de Ourense de xeito gratuíto, como se leva facendo dende hai 28 anos.