Este venres 17 de abril a Asociación Ourensana de Hemofilia situará unha mesa informativa na entrada do CHUO para concienciar aos ourensáns sobre esta enfermidade e recadar fondos.

 

Co motivo do Día Mundial da Hemofilia, o 17 de abril, a Asociación Ourensana de Hemofilia vai poñer unha mesa informativa na entrada do Complexo Hospitalario de Ourense, de 11 a 13 horas.

Baixo o lema “Formar unha familia de apoio”, nesta mesa informarase a todos os que se acheguen sobre a enfermidade, venderán rifas solidarias (que teñen de premio unha televisión Philips de 40 pulgadas e que se sorteará o 24 de xuño) e tamén serigrafías do pintor ourensán Alexandro, co fin de recadar fondos para a asociación.