Jesús Vázquez

O popular considera de suma importancia confrontar os programas electorais para que os cidadáns coñezan de primeira man as propostas centradas en mellorar a cidade.

Co obxectivo de confrontar os diversos programas dos partidos que concorren ás eleccións, o PP de Ourense ten percibido o interese dos diversos medios na organización de debates electorais.

Deste xeito, o candidato do Partido Popular á álcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, está interesado en debater as súas propostas programáticas coas formacións políticas con representación municipal que presentan candidatura ás vindeiras eleccións, e xa o anunciou nos seus perfís das redes sociais, «polo que propoñemos un debate aberto a todos os medios de comunicación, organizado nun lugar neutral da cidade (por exemplo, o Liceo) e nas condicións que se pacten polos partidos que teñan interese nesta proposta. De feito, a nosa proposta pode pasar porque o moderador ou moderadora sexa un ou unha xornalista do ámbito local de Ourense. Por exemplo, o decano ou a decana dentro da profesión», explica Jesús Vázquez.

Por outra banda, o candidato do PP tamén asistirá ao debate organizado pola televisión pública galega, seguindo as pautas marcadas pola lei electoral, é dicir, cos partidos que contan con representación municipal.