O CPI Virxe da Saleta acollerá conferencias a cargo de antigos alumnos dos colexios da zona para achegar aos estudantes actuais as súas propias experenicas laborais.

O colexio CPI Virxe da Saleta organiza las VI Xornadas de Orientación Académica e Profesional, en colaboración cos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor, destinadas ao alumnado da E.S.O. e aos seus pais.

As xornadas versarán sobre a formación, o emprendemento e a inserción laboral, e contarán coa participación de antigos alumnos de centros da zona que explicarán a súa propia experiencia profesional.

As xornadas serán presentadas polo propio alumnado do centro co fin de que desenvolvan as súas competencias lingüísticas e sociaís que lles permitirán nun futuro próximo inserirse no mundo laboral con máis garantías de éxito.

Programa
O 20 de abril, ás 15.30 horas, intervirán Noemí González, licenciada en Dereito e xuiza de instrucción; Marta Adán, licenciada en Mediciña e xinecóloga do Hospital Cristal- Piñor; Sonia Moral, esteticista con establecemento propio e técnico en depilación hindú; Óscar Rodríguez, bombeiro; e Nuria Álvarez, diplomada en Turismo e traballadora de ServiturCea.

Pola súa banda, o 22 de abril, tamén en horario de tarde, será o turno de José Enrique Rodríguez, fundador da empresa Rodríguez López Auto; Omar Rodríguez, policía nacional; Uxía Alonso, enxeñeira técnica forestal e xerente da empresa “Frutos da Mellora”; Fátima Fernández, xornalista; e Hilda Rodríguez, farmacéutica en San Cristovo de Cea.