Carteles PSOE en Maceda

A decisión responde a unha denuncia presentada polo PP, tras detectar diversos carteis con propaganda da candidatura socialista, por vulnerar artigo 53 da LOREX que proscribe a difusión de publicidade ou propaganda ata o 37 día posterior á convocatoria de eleccións.

 

A Xunta Electoral de Ourense vén de estimar unha denuncia presentada polo Partido Popular de Ourense contra o PSOE de Maceda, despois de detectar diversos carteis con propaganda electoral da candidatura socialista neste municipio.

Os carteis estaban situados nas rúas Aureliano Ferreiro, avenida dos Milagros, rúa das Flores, praza Alcatruz e no taboleiro de anuncios do lugar de Chaioso. Estes carteis, segundo constaba na denuncia cursada polos populares o pasado día 13, supuñan unha vulneración do artigo 53 da LOREX.

O informe emitido pola Xunta Electoral de Ourense expón que se acreditou «a través de las fotografías acompañadas a la denuncia presentada por la representación de la candidatura del Partido Popular en el partido judicial de Ourense, que en distintos puntos situados en la localidad de Maceda se han colocado carteles publicitarios conteniendo los presuntos candidatos del PSdeG-PSOE a la alcaldía del Ayuntamiento de Maceda, vulnerando de este modo el artículo 53 de la LOREG, que proscribe la difusión de publicidad o propagandas hasta el 37 día posterior a la convocatoria (realizada el 30 de marzo de 2015)».

A Xunta Electoral acordou requerir aol PSdeG-PSOE «para que proceda a retirar de forma inmediata cualquier cartel o soporte publicitario de naturaleza electoral colocado en la localidad de Maceda, advirtiendo a dicha candidatura que se abstenga de realizar cualquier actuación de contenido publicitario hasta el inicio de la campaña electoral (8 de mayo de 2015)».