O candidato popular, Manuel Pedro Fernández Moreiras, fixo una lembranza a Estrella Martínez, que decidiu non continuar como concelleira por motivos laborais; e a Rafael Pérez Dávila, que tras 34 anos como concelleiro decidiu colaborar coa candidatura pechando a lista.

 

O local social “Charcas da Mora”, en Ponte Noalla, acolleu a última hora deste xoves a presentación da candidatura que o Partido Popular levará ás Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio.

A lista, liderada polo candidato e actual alcalde, Manuel Pedro Fernández Moreiras, está integrada, tal e como manifestou o cabeza de lista, “por veciños do concello que coñecen de primeira man os problemas e as inquedanzas dos habitantes de San Cibrao”.

Tamén lembrou Fernández Moreiras que a lista preséntase renovada, e fixo unha especial lembranza a Estrella Martínez, que decidiu non continuar como concelleira por motivos laborais; e a Rafael Pérez Dávila, que tras 34 anos como concelleiro decidiu colaborar coa candidatura pechando a lista. “Foron dúas decisións persoais, xa que doutro xeito, sempre terían cabida no meu equipo”, recalcou o candidato.

O Partido Popular ten na actualidade oito dos once concelleiros que conforman a corporación municipal. Tal e como sinalou o presidente provincial, Manuel Baltar, “o PP de San Cibrao ten o máis prezado de una formación política: a confianza dos seus veciños e veciñas, o que se ratificará cunha aplastante victoria o 24 de maio”, dando por sentado que os populares “renovarán, como así o fixeron dende 1979, unha abultada mayoría absoluta”.

Acompañan a Fernández Moreiras na lista popular Marta Nóvoa, Francisco Javier Cid, Ana María Moreiras, Jorge Cid, Mónica Prieto, Antonio Prieto, Severino Lage, Rosa González, Lorena Alén e Rafael Pérez.