O deputado Pablo García alerta no Parlamento galego que as ilegalidades do proceso poden provocar a devolución das subvención de 40.000 euros a Agader.

 

García levou ao Parlamento as supostas irregularidades urbanísticas do local social de Moialde, que está a ser xestionado pola Asociación Monteval. García anunciou unha serie de iniciativas para advertir que as ilegalidades detectadas poden provocar a devolución da subvención de 40.000 euros concedida por Agader.

O responsable socialista advirte que “o local é ilegal urbanísticamente, incumpre o PXOM de Vilardevós e a Lei do Solo de Galicia, e polo tanto é inexplicable que fora obxecto dunha subvención”. Lembra que malia que o alcalde teña reiterado que o local fora cedido polos veciños, a día de hoxe a súa propiedade “non foi acreditada en ningún momento”.

Explica que as obras foron realizadas sen informe do técnico municipal de urbanismo, e lembra que “si o local é veciñal, non pode ser titularidade do Concello, e polo tanto é preciso un acordo da Asemblea dos Veciños parar a posta a disposición do Concello do inmoble e elevar dito acordo ante notario para poder actuar no mesmo”.

Os socialistas reclámanlle á Xunta que explique si esta obra cumpre cos requisitos necesarios, nomeadamente en canto á acreditación da propiedade, si a axuda de 40.000 euros concedida por Agader foi entregada “sen que se cumprisen tódolos termos esixidos”, e si o Concello deberá no seu caso devolver a subvención.