O Concello de Verín convoca estes dous concursos entre os estudantes da comarca para fomentar a súa creatividade. Repartiranse 360 euros en premios e lotes de libros.

Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca dous certames, un de relato curto que leva o nome de “Antonio Fernández Pérez” e outro de poesía, que recibe o nome de “Xosé Carlos Caneiro Pérez”.

A ambos concursos poden presentarse os alumnos de 5º e 6º de primaria e ESO de calquera centro da comarca de Monterrei.

Relato curto
O traballo presentado deberá ser inédito, con temática e o estilo libre, escrito en galego; e a extensión non superará dous foliso escritos a unha cara.

A fase de preselección é a criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 relatos en cada unha das tres categorías (primaria, primeiro ciclo de ESO e segundo ciclo de ESO). Os traballos seleccionados en cada centro enviaranse ou entregarase na Casa do Concello de Verín, antes das 14 horas do 7 de maio.

Poesía

Os poemas que se presenten a este certame tamén deben sesr inédictos, de temática e estilo libre, en galego, e non superará os 24 versos de extensión.
Cada centro pode presentar un máximo de 3 poemas por categoría, e deben ser entregados antes das 14 horas do 7 de maio no Concello de Verín.

Premios
En ambos concursos entregarase premio en metálico aos tres mellores traballos de cada categoría. O vencedor recibirá 90 euros, 60 euros ao segundo e 30 euros ao terceiro.

Os autores dos traballos finalistas que acudan á entrega de premios pero non resulten gañadores recibirán un lote de libros.