Rafael Castro, de Ciudadanos Ourense

Segundo o candidato, Rafael Castro, desde Barcelona se lles dixo “que o traballo realizado non garante resultados”.

O arquitecto Rafael Castro Armesto será o candidato de Ciudadanos á alcaldía de Ourense, se logra obter o respaldo da dirección do partido, que polo momento non apoia a presentación de candidatura na nosa cidade. “Nos dixeron que non podíamos garantir uns resultados”, expica o aspirante a candidato, unha decisión que non comparten nin el nin a trintena de afiliados que a formación de Albert Rivera ten na capital ourensá.

O arquitecto, que foi elixido en primarias abertas aos militantes de Ciudadanos, presentou, arroupado polo resto da lista, o programa co que quere concurrir ás eleccións. A rexeneración democrática do Concello, priorizando as persoas e o desenvolvemento económico e urbano son as liñas básicas da súa proposta, que aposta pola transparencia nos cargos públicos, no Concello e nos grupos municipais, e por un concello próximo, con cauces permanentes de participación.

Castro alberga a esperanza de que de aquí ao luns, a dirección de Ciudadanos “rectifique” e lles permita presentarse ás municipais. De non facelo, xa non poderán presentarse coma independentes.