A banda madrileña Hummano celebrará un concerto o día 18 de abril xunto cos Ourensans Contra as Cordas e os pontevedreses Vortex e Aware na sala El Sótano de Ourense.

Os madrileños Hummano serán cabezas de cartel cun estilo deathcore desenfadado que recorda a bandas como Despised Icon ou All Shall Perish e presentarán o seu novo disco «We Hate You All», o cal, según as suas propias palabras, será o seu trabajo definitivo. A banda, amante dos disfraces e a parodia, converteuse nunha das bandas más prolíficas da escea nacional nos derradeiros anos tras o seu paso por festivales do calibre do Resurrection Fest ou o Live For Madness Metal Fest.

Contra as Cordas, será a banda anfitriona. Con máis de seis anos de traxectoria sobre os escenarios presentan o seu derradeiro traballo , o EP “Invictos” gravado nos estudos Mafia de Carballiño. Os ourensáns lograron ganarse un hoco cada vez mais grande entre a escea autonómica galega co seu estilo hardcore punk que foi trocándose más duro cos anos.

Dende Pontevedra teremos a banda de metal alternativo Vortex co seu derradeiro traballo “Confessions”. Nata a principios de 2011, a banda toma referentes tan dispares como Trivium e Judas Priest e foi telonera nas festas da Peregrina de Pontevedra da mítica formación vasca Soziedad Alkoholika.

Por último e non menos importante acudirán a recen formada banda de hardcore Aware. Dispostos a dalo todo no escenario, a banda está formada por ex membros das bandas Hope For Youth, In Mare o Nihil.

O concierto terá lugar o sábado, 18 de abril, as 20:00h na sala de concertos El Sótano de Ourense. O prezo de entrada será de 5 euros en taquilla.