Xosé Mosquera, de CxG

Ocupan o segundo, terceiro e cuarto posto da lista.

Xosé Mosquera, candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ourense nas vindeiras eleccións municipais de maio, valora o seu equipo como un “grupo preparado para gobernar” e como a única lista “alternativa de goberno aos dous de sempre (PP e PSOE)”. Así, asegura que o acompaña xente “honesta, profesional e preparada para gobernar”.

Trátase de Xosé Manuel Pérez Bouza, Ana Bande e Xosé Luís Doval, que ocuparán o segundo, terceiro e cuarto posto da lista de Compromiso en Ourense. Así como Olga Iglesias, Marco Valerio Lama, Concepción Rodríguez, José Luís Castro, Nieves Nieto e Antonio César Ansias, que se sitúan do quinto ao décimo posto sucesivamente.

O candidato destaca que se rodea persoas que aman a sua profesión e que entenden a actividade política como unha acción de servizo temporal a cidadanía. “Persoas preparadas para asumir as diferentes áreas de goberno no Concello de Ourense e dinamizar os sectores: educativo, sanitario, social, medioambiental, cultural, económico…”, insiste.

“Non teñen que firmar códigos éticos senón que teñen os valores da transparencia, o respeto, a integridade e a colaboración como código de vida”, incide Mosquera, que explica, ademais, que calquera dos que participan desta opción “sempre respetarán os resultados das consultas a cidadanía”, porque para eles o pobo é soberano. A misión de Compromiso por Galicia é “facilitar e ampliar os espazos de participación e decisión cidadá de xeito transparente e garantindo a igualdade de oportunidades a todas os veciños”, conclúen.