Entrega diplomas curso desempregados

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o concelleiro de Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, participaron no acto de clausura.

 

Este venres produciuse a entrega de diplomas ao segundo e último grupo de alumnos que participaron no programa integrado de emprego ‘Ourense: Emprego e Formación” da cidade das Burgas no que participaron un total de 70 persoas, na súa maioría con baixa cualificación.

Esta actuación acadou que o 45% dos seus participantes atoparan un posto de traballo, en concreto o número de insercións cífrase en 32.