Andaina

Realizaron unha ruta ata o castor de San Tomé, prevista dentro dos actos do Día Mundial da Saúde.

 

Unha vintena de persoas participaron este venres na  “Andaina para todos/as”, organizada pola Concellería de Saúde dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da Saúde 2015. Os andaríns realizaron unha ruta ata o castro de San Tomé, e voltaron á Alameda, de onde saíron ás 10 horas da mañá.

A actividade forma parte da programación de actos que comezaron o día 7 de abril e se estenden ata o 24. Entre eles, incluíronse o Paseo pola Saúde, a lectura do lema mundial do día da saúde, un curso de manipulación de alimentos e un ciclo de obradoiros sobre “Cinco claves na hixiene e seguridade alimentaria”, en diversos espazos da cidade.

A semana que vén, o obradoiro terá lugar no Centro Cívico de A Ponte, o día 22 ás 17 horas; no Centro Cívico Colón, o día 23 ás 18 horas; e no Centro Cívico de Seixalbo, o día 24 ás 18 horas.