Baixo o lema «A xente é o primeiro» esta formación presenta un programa electoral centrado en políticas económicas que apoien ao empresario local e fomenten o emprendemento.

 

A formación política «Son de Verín» vén de presentar ao seu cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais de maio na capital de Monterrei, será Manuel Pousada Bermúdez.

«A xente é o primeiro» é o lema de campaña do partido, que presenta ideas centradas na creación de emprego na zona. «O noso programa electoral ten como finalidade a colaboración co empresario de Verín e comarca, facilitando as xestións de exportación e crédito. Así como a posta en marcha de máis políticas económicas que apoien e incentiven o emprendemento», explican.