O centro ten capacidade para 18 persoas e comezou a actividade fai un ano.

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, mantivo este 21 de abril un encontro cos responsables da Residencia de Maiores da localidade de Baños de Molgas “Ansuiña-Molgas”, cos que abordou posibles liñas de traballo conxunto.

Este centro, que ten capacidade para 18 persoas, logrou a autorización para iniciar a súa actividade coa tipoloxía de mini-residencia hai pouco máis dun ano. O cadro de persoal, para unha plena ocupación, estaría composto de sete traballadores entre xericultor, fisioterapeuta, traballador social, animador sociocultural e persoal de limpeza. Na visita, na que Martínez coñeceu as instalacións deste centro residencial de maiores, estudáronse posibilidades de futuras vías de colaboración.