Denuncia que camiños, rúas e parques están cheos de maleza.

 

O portavoz do BNG no Concello de Monterrei, Alberto Rodríguez, denuncia a “deixadez total” que están a soportar o pobos do concello. “Levamos dende xa fai moitos meses cos camiños, rúas, beirarrúas, parques, etc. descoidados, cheos de malezas, e o concello non fai nada para solucionar o problema”, denuncia o nacionalista.

“Temos un goberno que soamente se preocupa da situación cando chegan as eleccións municipais, ou as festas dos diferentes pobos”, insiste.

Dende o BNG consideran que isto non se pode permitir, e apostan por facer brigadas durante todo o ano para manter limpos os pobos do concello.  “Todos os veciños pagan os seus impostos, para que se lles manteñan os servizos básicos”, lembra, e esixe que se solucione este problema o antes posible.