Esta petición busca establecer na zona as condicións habitacionais e laborais precisas para o asentamento de poboación.

A área proposta recolle os casaríos tradicionais da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, que inclúe un total de 475 edificacións das que se destinan a vivenda 248.

Patrimonialmente no ámbito destacan a Basílica de Santa Mariña (B.I.C.), as aldeas de Santa Mariña, Laioso e Ducí (incluídas no catálogo do PXOM), as casas brasonadas de Outeiro de Laxe, capelas, cruceiros, fontes, lavadoiros e eiras con canastros.

O obxectivo principal da solicitude de declaración de ARI é o de xenerar un contexto donde os parámetros ambientais, laborais e de calidade de vida impulsen o establecemento dunha masa poboacional mínima para garantir relacións de vecindade, o acceso a equipamientos urbanos e a mellora dos servicios de comunicación e transporte público.

Para acadar o fin plantexado e impulsar o desenvolvemento sostible da formúlanse tres liñas de acción: potenciar os valores paisaxísticos e culturais da zona; xerar un marco de actividade laboral viable en sectores primario e de servicios; e recuperar as altas cualidades espaciais das aldeas, barrios e lugares.

Propostas de actuación
Na solicitude para participar no Programa de rexeneración e renovación urbana do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbana, 2013-2016, convocada en marzo de 2015, o concello centrouse en desenvolver dúas propostas no ámbito do espacio social, a maiores das rehabilitacións de vivendas. A primeira delas é a da recuperación das sendas que conectan os barrios entre sí, como base para facilitar a interrelación dos veciños. Ademáis servirían de reclamo como rutas de sendeirismo para excursións e paseos. E a segunda pasa pola rehabilitación e posta en uso de fontes, minas, tanques de rego, lavadoiros e abrevadoiros, entendidos como elementos que xeneran enclaves de encontro social, e son propulsores de aproveitamentos agrícolas e silvo-forestais.

Distribución da inversión
Dun coste total das actuacións programadas nesta primeira fase (incluídas as rehabilitacións das vivendas que o solicitasen) de 480.000 euros, a subvención ministerial solicitada é de 105.500, que se repartirían en 93.000 eruos de rehabilitación e edificación (sen superar o 35% do coste das intervencións), 10.000 para as obras indicadas no ámbito público e 2.500 para o equipo técnico de xestión.