O voceiro de Democracia Ourensana, Gonzalo Jácome, tacha ao alcalde de «mentiroso compulsivo» por negarlle durante o pleno que o párking estivera en situación «ilegal».

Este xoves a Xunta de Goberno Local acordou denegar a licenza de apertura ao Grupo Estacionamentos Ourensanos SA, ante a falla de correspondencia entre o proxecto de obra e a obra realizada. Os técnicos municipais entenden que na execución da ampliación do aparcamento, solicitada licenza para a mesma no ano 2008, hai un “exceso de volume”, polo que non se axusta á licenza municipal concedida para a súa execución.

Este acordo será notificado á Deputación Provincial como titular do aparcamento, e aos concesionarios do mesmo, e contra el cabe recurso de reposición ante o mesmo Concello.

Os informes técnicos entenden que “se pode proceder á execución das obras e/ou legalización da edificación coa normativa actual en vigor, sempre e cando sexa ao amparo dunha nova licenza”. Así, o Concello insta ao ente provincial como titular do equipamento e aos concesionarios do mesmo a que leven a cabo os pasos necesarios para legalizar a construción e se poida tramitar unha nova licenza, unha vez solventadas as eivas que imposibilitan a súa concesión, procedendo á legalización definitiva da situación.

Agustín Fernández subliñou que “compelemos aos propietarios á legalización das obras, xa que son defectos fácilmente subsanables, e se deben correxir. É a nosa obriga advertir dos riscos e instar ás partes a solventar esta situación á maior brevidade posible”.

Jácome alertara da situación «ilegal»

Ante esta decisión da Xunta de Goberno, o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, tachou ao rexedor de «mentiroso compulsivo» , recordándolle que no pleno de abril alertara que o párking estaba en situación «ilegal».» Este hecho fue negado tajantemente por el alcalde Agustín Fernández. Hoy, tan sólo 14 días después, es el propio alcalde y la junta de gobierno del concello, la que confirma este hecho y compele al parking a subsanar la deficiencia bajo advertencia de cierre», indica Jácome nun comunicado.