Anova nas Burgas

Subliñan o parentesco da número seis da candidatura, Isabel María Castelo, coa arquitecta autora do proxecto de Xardín das Burgas, María Jesús Castelo.

 

Anova convocou este venres aos medios ao carón das Burgas para denunciar que o “único” obxetivo do PP na cidade de Ourense é “facer negocio para eles e para os seus amigos e familiares”. En concreto, “o de dar pelotazos, como no caso que hoxe nos ocupa, urbanísticos, para beneficiarse individualmente á conta do público, do que é de todas, dos bens comúns dos que dispón a cidade de Ourense”.

Os candidatos de Anova, Tania Bouzo e Daniel Conde, aludiron á número seis da lista popular no concello de Ourense, Isabel María Castelo, da que resaltan que é irmá da arquitecta María Jesús Castelo, autora do proxecto de recalificación de Xardín das Burgas, que pasou de 2.000 metros cadrados edificables a preto de 20.000.

Para Anova, “detrás da lista encabezada polo señor Jesús “amigo de los que dan pelotazos” Vázquez escóndense as intencións dun grupo de xente, vinculadas a un partido podre e coa corrupción no seu seo, pero tamén a empresas constructoras de dar un novo pelotazo, que non é novo, que xa o quixeron dar e lles saíu mal, e saíulles mal porque secaron as Burgas”.

A formación nacionalista insta ao candidato popular a aclarar a súa postura con respecto a esta zona estratéxica no futuro da cidade.