Entre as caras coñecidas atópase a de María Concepción Méndez, candidata popular á alcaldía do municipio.

Os Populares de Sandiás apostan por combinar veteranía e renovación de cara ás vindeiras eleccións municipais. Así, a súa candidatura reune a políticas coñecidas como María Concepción Méndez Gándara, que opta á alcaldía, e a renovación (case o 50%) dunha lista coa incorporación de xente nova, co obxecto de facer fronte os problemas e retos de futuro das tres parroquias que forman parte do concello de Sandiás.
 
A principal caracteristica desta lista, é a de estar constituida a partes iguais por homes e mulleres, como xa vén sendo habitual nas últimas convocatorias electorais do PP de Sandiás, co fin de promover a participación activa das mulleres na vida do concello.
 
A lista completa

Xunta a María Concepción Méndez, tamén forman parte da lista popular en Sandiás José Francisco Santana, Josefina Gómez María Jesus Teijeiro, Fco. Javier Feijóo, Roberto Manso, Sonia Campelo, Salvador Blanco e José Antonio Conde, que ocupan os postos do 2 ao 9, respectivamente. Como suplentes estarán María Pérez, Santos García e Támara Rodríguez.