Consuelo Vispo, do PP de Barbadás

O PP de Barbadás presenta un equipo «sólido, cargado de experiencia, xuventude, ilusión, preparación, humildade e adicación para seguir traballando polo municipio».

A Casa da Cultura de Barbadás acolleu este sábado a presentación da candidatura do Partido Popular neste municipio.

Arroupada polo actual alcalde, José Manuel Freire Couto e polo presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, a cabeza de cartel, María Consuelo Vispo Seara, agradeceu ao seu equipo «o incansable traballo» que están desenvolvendo e avanzou que o seu programa de goberno ten máis de 100 puntos para desenvolver nestes catro anos.

«O PP de Barbadás presenta un equipo sólido, cargado de experiencia, xuventude, ilusión, preparación, humildade e adicación para seguir traballando polo municipio e comunicarnos cos nosos veciños», dixo a candidata, quen manifestou que o obxectivo da candidatura popular «é Barbadás e a súa xente. É acadar mellores servizos para todos, epicentro da nosa xestión».

O presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, recalcou que «Barbadás precisa seguir tendo un goberno sólido e estable co que manter a súa senda de progreso e crecemento como nos últimos anos»