Reunión PP sobre transporte metropolitano

Os candidatos populares dos concellos da comarca de Ourense mantiveron unha reunión cos conselleiros de Presidencia e Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras, Alfonso Rueda e Ethel Vázquez, respectivamente, na que se puxo de manifesto que o «bloqueo» deste proxecto é «responsabilidade do Concello de Ourense».

O transporte metropolitano, e a necesidade que este proxecto sexa desbloqueado de xeito inminente por parte do Concello de Ourense, foi o punto único dunha reunión que mantiveron este venres os conselleiros de Presidencia e Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas -Alfonso Rueda e Ethel Vázquez, respectivamente-, cos candidatos populares ás alcaldías dos municipios de Amoeiro, Barbadás, Coles, Punxín, San Cibrao, Toén Ourense e Pereiro de Aguiar.

«A posta en marcha, por fin, do Transporte Metropolitano será unha das nosas máximas prioridades», proclamou o candidato de Ourense, Jesús Vázquez, ao mesmo tempo que lembraba que «en todas e cada unha das máis de 300 reunións que mantivemos de cara á elaboración do Programa Electoral, houbo unha petición practicamente unánime: aparte da recuperación da normalidade no Concello, o desbloqueo do Transporte Metropolitano foi algo no que todos os sectores, colectivos e cidadáns coincidiron e siguen coincidindo».

«En nome de todos os candidatos que aquí estivemos reunidos, e como representante da cidade de Ourense -Concello, por certo, que bloqueou este proxecto, xa que todos os demáis sempre se adheriron a el. As trabas sempre estiveron na cidade-, podo anunciar que a posta en marcha deste proxecto será un obxectivo irrenunciable para nós dende o minuto 1 do próximo mandato», sinalou Jesús Vázquez.

«Consideramos que este proxecto é clave para a dinamización comercial e económica, non só para a cidade, senón para os municipios da nosa contorna. Unha comarca que leva demandando dende hai anos un sistema de transporte que nos convirta en rede, que facilite a mobilidade dos traballadores das áreas industriais, así como dos propios veciños dos municipios da nosa área metropolitana coas súas xestións comerciais, sanitarias, administrativas ou mesmo de ocio. Unha prioridade á que non queremos nin debemos renunciar», recalcou Vázquez Abad.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, sinalou que «a Xunta ten consignada a partida orzamentaria para a súa posta en marcha, que este ano se incrementou nun 43%. As dificultades existentes co actual goberno do Concello de Ourense non son o mellor camiño para dar o mellor servizo aos cidadáns neste aspecto. Xuntos, con lealtade institucional, consenso e vontade poderemos acadar o éxito neste proxecto».

Por último, o conselleiro de Presidencia e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, lembrou que «a proposta de transporte público metropolitano ben trazado é o que precisan os veciños. O feito de que os que agora teñen responsabilidades de goberno e os que a vaian ter a partir de maio teñan tan claro a prioridade do Transporte metropolitano para Ourense, é o mellor que lle pode pasar a este proxecto».