Este martes 28 abren no seu local da praza de San Cosme a exposición de coplas.

 

A asociación cultural A Galleira celebra os seus primeiros maios cunha semana de actividades que rematarán este domingo coa súa primeira participación no certame de maios organizado polo Concello de Ourense.

Este martes ás 20 horas, no seu local da praza de San Cosme, abren a exposición de coplas onde experán as coplas gañadoras dos últimos catro anos e as dos colectivos que colaboran coa Galleira, como a Marcha Mundial das Mulleres, A Esmorga, a Ronda da Auriense e a Bela Auria.

O mércores farán unha quedada para ir ao monte recoller os materiais, e o xoves montarán o maio no seu local. Nesa xornada, ás 20 horas, oganizan unha conferencia sobre a historia dos maios na cidade.
O venres e sábado continuarán a elaborar o seu maio coa intención de que o domingo a mediodía estea listo para ser exhibido no certame de maios na Alameda.