Jesús Vázquez

Pretende fomentar un “turismo de compras” na nosa cidade.

 

“Ourense ten unha gran tradición comercial. O noso comercio sempre gozou dun gran prestixio e nós non podemos darlle as costas. Por eso, queremos comprometer un apoio firme e decidido do Partido Popular ao comercio local de Ourense”, dixo este martes o candidato popular á alcaldía, Jesús Vázquez.

Vázquez lembrou que “o comercio local resulta imprescindible na estructuración social da nosa cidade, crea emprego e riqueza e da valor ao noso patrimonio” polo que serán varios departamentos muncipais os que actuarán “de maneira coordinada” nesta materia, sempre nun sentido de apoio e potenciación.

Un dos proxectos máis interesantes do equipo popular consiste en desenvolver un programa de “turismo de compras” no que estarían implicadas outras administracións que axudarían á súa promoción, en colaboración co propio sector. “Ourense ten moitos atractivos e o noso comercio é un dos máis relevantes”, dixo Jesús Vázquez

Jesús Vázquez é partidario de reformular “e potenciar” a mesa do comercio local actualmente existente, dando voz a todas as áreas e sectores implicados.