Candidatura do PP de Monterrei

Os populares presentan unha candidatura «renovada e con experiencia para loitar pola mellora dos servizos aos veciños».

 

Foi presentada a candidatura do Partido Popular de Monterrei. O seu cabeza de cartel, José Luis Suárez Martínez, destacou que se trata dunha lista «renovada» pero con «sobrada experiencia para loitar de xeito incansable pola mellora dos servizos aos veciños e veciñas de Monterrei».

Xunto a Suárez Martínez, que ademais de presidente local do partido e fillo do actual alcalde, a candidatura do Partido Popular que concurrirá ás Eleccións Municipais do 24 de maio compóñena Salvador Zarraquiños, Delfín Boo, Marina Salgado, María Rosa González, Serafín Augusto, Delfín Fidalgo, David González, Óscar Domínguez, Pablo de Dios e Constantino Fírvida.