Candidatos do BNG na rúa da Barreira

Na rúa da Barreira, un espazo emblemático para a veciñanza da zona vella, os candidatos da formación nacionalistas denunciaron o uso privativo que facían desta rúa os edís do PP e do PSOE.

 

«Disfrutan de privilexios que non teñen as veciñas e veciños. Cando se modificou a ordenanza de tráfico, pedimos expresamente que non se aparcara nesta rúa porque consideramos que non debemos ter dereitos que non teña o resto da cidadanía”, declaraba a concelleira Ximena González quen tamén manifestou que as concelleiras do BNG nunca tiveron tarxetas de aparcamento, nunca utilizaron entradas de protocolo e nunca pediron espazos reservados en actos ou eventos organizados dende o Concello.

O compromiso ético tamén ten a ver cos cartos que reciben os grupos políticos do erario público e que o BNG-Asembleas Abertas emprega,» única e exclusivamente, para desenvolver actividade política e non para festas ou paparotas como fan outras formacións políticas».

Tanto Ximena González como Susana García, candidata á alcaldía, fixeron fincapé no feito de que dende o BNG-Asembleas Abertas non só propoñen comportamentos éticos senón que tamén os practican. Referíase Susana García ao Partido Popular e máis concretamente ao seu candidato, Jesús Vázquez, quen anunciou que renunciaría ao coche oficial si chegaba a ser alcalde e preguntábase «por que non o fixo nos 6 anos que foi conselleiro nos que puido ter empregado o transporte público e non o fixo».

A candidata tamén indicou que os concelleiros da súa formación renunciarán «a todo o que consideramos privilexios: “aparcarcamentos en zonas peonís, viaxes ao extranxeiro ou comidas organizadas polas institucións”.